Jesús Otero Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1959 (65 anos) Merza, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
21 de xuño de 2011 – 27 de setembro de 2011 ← María Pilar Ramallo Vázquez Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Alcalde de Vila de Cruces | |
1990 – 2019 ← Sergio Iglesias Pazos – Luís Taboada Sánchez → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Vila de Cruces |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Jesús Otero Varela, nado en Merza o 29 de xaneiro de 1959,[1] é un político galego do PPdG, que foi alcalde de Vila de Cruces.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira política como concelleiro de Alianza Popular en Vila de Cruces en 1983. En maio de 1990, logo do falecemento en accidente do alcalde Sergio Iglesias Pazos, foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta. Mantivo a alcaldía nos sucesivos comicios, sempre con maioría absoluta. Formou parte da candidatura do PPdeG ao Congreso dos Deputados por Pontevedra en 2004 e 2008, sen resultar inicialmente elixido, ata que en xuño de 2011 tomou posesión como deputado en sunstitución de María Ramallo, manténdose ata os comicios xerais de novembro dese mesmo ano.
Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar nacionalistas e socialistas ao independente Luís Taboada Sánchez. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PPdeG mais nesta ocasión pasou a sela segunda forza tralos independentes, polo que continuou na oposición.